Arquivo
Sen título, 2013
Ricardo Fernández Vázquez
A percepción e a observación son dúas facetas sen as cales para min a actividade plástica carece de estrutura. Ó igual que a poesía na literatura ou a ilusión na maxia, os poemas obxecto son para a arte un xogo dos significados e os significantes. Para min o importante non é o obxecto en si, senón o momento lúcido no que os significados e significantes transmutan lúdicamente en algo que ata ese momento permanecía agochado noutras formas e conceptos. Sen embargo tamén sinto a necesidade de non deixar todo iso en tan so un momento lúcido, e síntome empuxado a convertelo nunha imaxe que poida ser compartida e exposta ó criterio dos demais.

Esta cinta de métrica é a imaxe dese momento lúcido, no que me dou conta que de neno malgastei o tempo medindo poemas en lugar de adicalo a súa comprensión, desfrute ou creación. Rexistro dun sistema educativo que gravita en torno a cifras e carente dunha necesaria educación emocional.
Datos técnicos:
Peza única

Palabras clave:
edición de obxectos, libro obxecto
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada