Arquivo
Serie Cementerio, 2013-14
José Sampredro Caamaño
Cementerio é unha serie en continuo proceso. Aquí preséntanse 12 pezas da serie:
Cámara, Cassette, Despertador, Disquet, Game Boy, Juego Game Boy, Plancha, Radiocassette, Reproductor VHS, Teléfono, Televisor e VHS.

A colección conéctanos coa perda, xa non só pola palabra que a titula senón polos propios elementos que representa. Obxectos propios de varias xeracións que quedaron obsoletos e que agora se rescatan por medio do escultórico utilizando un material concreto (o cemento) que se refire ao título da serie, así como ao carácter inservible do obxecto. Trátase pois dun proxecto onde conflúen dous eixes principais, a memoria colectiva e o cotián, tratado dende un medio puramente escultórico.
Datos técnicos:
Obra seriada
6 exemplares de cada peza
Cemento

Palabras clave:
edición de obxectos
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada