Arquivo
Main St, New Baltimore, NY, 12124, EE.UU., 2014
Clara Sobrino
Main St, New Baltimore, NY, 12124, EUA é unha dirección que cuxa captura en google maps está deformada dixitalmente. Ao tomar as fotos a cámara estaba estragada e o resultado son imaxes impresionistas que sorprenden dentro da perfección case científica de google maps.

Para a realización dos debuxos a lapis utilizáronse como modelo as imaxes sacadas do buscador sen ningún retoque posterior, tratando de imitar os erros manualmente da forma máis precisa posible. Ao copiar o pixel se transformar nun elemento creador case orgánico.

O debuxo volve ser dixitalizado. Fai saír a imaxe numérica cara á exterioridade tanxible para re-dixitalizala e reenviala ao virtual.

A utilización do formato libro responde á vontade de que exista un tempo na contemplación, que o receptor poida deterse e que teña a obriga de pasar as páxinas, para así realizar un traxecto, hai un movemento. Por esta idea de camiño tamén se usou o formato de acordeón, que ademais marca unha orde e un ritmo de lectura. Así mesmo a dobrez entra en relación co detalle, co que se esconde e que ten de ser desdobrado-desvelado.

Por outro lado, google maps pode ser considerado a fiestra actual ao mundo exterior, un novo xeito de mirar a paisaxe. Á súa vez, a imaxe dixital é como unha fronteira entre a realidade e a representación. Captura o suxeito na natureza para volver ao real de xeito diferente.
Datos técnicos:
Obra única.
Papel, lapis e impresión dixital.

 

Palabras clave:
libro de artista
Ver Autor/es
Clara Sobrino
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada