Arquivo
Sereas, 2014
Mar Cuervo
Esta serie de fotografías son o resultado da convivencia durante 3 meses coas mariscadoras a pé de Cambados entre o ano 2012-2013. Este reduto na pesca reservado historicamente á muller, converteuse hoxe nunha vitoria e unha conquista á natureza, á sociedade e ás mesmas limitacións que se lle asignaron (e asígnanselle) ás mulleres.

Do clandestino ao oficial, hoxe están organizadas, propoñen plans de explotación, teñen pasado de ser depredadoras a ser cultivadoras, organízanse, loitan contra o furtivismo, resementan, falan da vida da ameixa como a mellor bióloga e transmiten os seus coñecementos ás xeracións que no 2013 están a coller o relevo. Elas mesmas son portadoras dun patrimonio inmaterial en feminino e encárganse de transmitir os seus coñecementos e manter os detalles da cultura mariñeira vivos.

Esta publicación pretende darlle o protagonismo merecido a estas mulleres facéndoas visibles a través dos seus retratos. Incapaces de desligar o mar da súa vida, souberon facelo o seu sinal de identidade; o mar non é só o seu lugar de traballo, o mar é o seu medio e é por iso que son as "Sereas" das nosas rías, as que rescatan, as que esperan na beira e as que loitan e o defenden con toda a fortaleza física e moral que as caracteriza.
Datos técnicos:
40 exemplares
Impresión dixital sobre papel

 

Palabras clave:
fotolibro, libro de artista
Ver Autor/es
Mar Cuervo
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada