Arquivo
Cuervo, Mar
1980, nace en A Couña, vive e traballa en Madrid
Mar Cuervo nace na Coruña en 1980, pero creceu en Vigo, onde viviu ata os 17 anos. Grazas ao seu irmán nunca a chamaron Paloma.

A súa práctica artística mostrou dende os seus comezos un interese na identidade das mulleres que a rodean chegando á obsesión, que fai que hoxe observe continuamente como son os roles de xénero nas sociedades que visita, prestando especial interese á presenza feminina e o patrimonio material e inmaterial do seu xénero. O emprego da fotografía e o video levouna a examinar procesos creativos nos traballos de campo asociados á socioloxía e a antropoloxía centrando a súa tese doutoral nun traballo colaborador cun grupo composto na súa extensa maioría por mulleres mariscadoras nas costas de Galicia.

Actualmente encóntrase no medio da súa tese doutoral na UCM entre España, Islandia e Holanda. Pódela encontrar doadamente nun tren, un avión, un barco ou un concerto.
Mar Cuervo
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada