Arquivo
Fernández Vázquez, Ricardo
1983, nace en Frontón (Lugo), vive e traballa en Pantón
... nun día do que xa non gardo recordo, nacín de entre as dores do parto, durante unha tarde de estío nunha octoxenaria década do século pasado. Grazas a mellor alimentación e agarimo que me puideron proporcionar fun crecendo nunha pequena aldea ó refuxio das ladeiras da Ribeira Sacra, onde a vista, e en moitos casos tamén o entendemento, non alcanza máis alá duns poucos quilómetros.

... chegado ó presente, despois dunha formación académica variada, pasando por estudos de administración, ilustración, belas artes, profesorado, unha miga de idiomas, cursos varios e un tesouro incalculable de horas adicadas a aprender esas cousas que ningún papel certifica, pero que fan a vida máis comprensible y al mundo más amable, más humano, menos raro.

... na actualidade trato de compaxinar o pluriemprego, co lecer, coa labor artística e coa formación continua... e co descanso.
Ricardo Fernández Vázquez
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada