Arquivo
Oreiro Lago, Yolanda
1981, nace en Mazaricos, vive e traballa en Barcelona
No 2004 remata os estudos de filololoxía inglesa en Santiago de Compostela e despois comenza o ciclo superior de ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña, que deixa aparcado uns anos mentres viaxa dende O Caribe ata Roma para rematar asentándose en Barcelona.

No 2014 completa os estudos de Ilustración na EASD Pau Gargallo de Badalona, iniciando unha nova etapa coma ilustradora freelance e colaboradora con diferentes colectivos de ilustración coma Esporas Invasoras ou Procrastianimación. Participa tamén en feiras de autoedición: Gutter Fest, Como Pedro por mi casa ou Arts Libris e de tanto en tanto traballa con revistas coma the work style magazine.

Trata de dar vida os seus propios proxectos autoeditados e entre pulo e pulo vai gañando camiño no mundo da ilustración participando en concursos coma o Cheltenham illustration awards 2014 do cal foi finalista este ano entrando a participar no catálogo do mesmo. Na actualidade alimenta a súa paixón pola ilustración formándose na Escola de la Dona, Espai Francesca Bonnemaison e traza novos camiños no mundo da Encadernación na Escola Llotja de Barcelona.
Yolanda Oreiro Lago
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada