Arquivo
Sampredro Caamaño, José
1985, nace en Riveira, vive e traballa en Pontevedra
José Camaño é un escultor formado na Escola de Canteiros de Pontevedra. A súa produción durante o período formativo cinguíase á escultura propia da imaxinaría relacionada co tipismo popular, usando maioritariamente o granito para a súa realización.

Paralelamente aos seus estudos, o escultor seguiu investigando acerca de diversos materiais e técnicas para desenvolver o seu imaxinario propio, buscando unha linguaxe relacionada co cotián e achegándose ao público dende o escultórico por medio da memoria colectiva e a nostalxia dun pasado plurarl.

A súa obra púidose ver exposta en lugares como o Centro La Nacional (New York), Art Deal Projec (Barcelona), Galería 9 (Valencia), Factoría de Arte e desenvolvemento (Madrid).

Continua desenvolvendo a serie que aquí presenta á vez que segue coa súa investigación sobre soportes, técnicas e novos materiais cos que continuar traballando na súa produción.
José Sampredro Caamaño
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada