Arquivo
López Vallejo, Paula
1983, nace en Lugo, vive e traballa en A Coruña
Paula López Vallejo traballa baixo o a.k.a Paulova como acostuma a chamala a súa avoa dende ben pequena.

Este arraigamento familiar e as artes tradicionais lévana ao extremo revisitando e actualizando o imaxinario popular a través das súas pezas, ás que engade un aceno ácido en detalles que o espectador debe de ir descubrindo para crear o seu propio universo.

Extrae da cotianeidade as súas imaxes para darlles unha volta máis, engadindo elementos que non deixan indiferentes e creando a súa propia atmosfera tanto en pintura, onde desenvolve un particular técnico de pixelado para achegarse ao mundo do tapiz, coma na escultura e fotografía. Paulova imprime un selo propio que bebe das fontes do kitch para posicionarse como unha artista multidisciplinar, ecléctica.

A súa obra expúxose recentemente en lugares como a Sala Miscelanea en Barcelona, a sala de exposicións do BBVA en Vigo, o CEART de Fuenlabrada, o Matadoiro de Madrid, na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo e na Galería Gloria Heldmound. Conta con publicacións en sites e revistas como It's nice that, a revista Madriz e Yuxtapoz Magazine, entre outros.
Paula López Vallejo
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada