Arquivo
Electrodomésticas
Colectivo formado en 2011, traballa en Pontevedra
Electrodomésticas somos un colectivo formado en 2011 por María Castellanos Vicente, Laura Fernández Patiño e Lucía Morandeira Novo. Licenciadas en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
 
Nos proponemos un punto de vista diferente desde o cal investigar e crear entorno ao mundo da edición e a arte. Concebimos o noso traballo como accións editoriais, unha manifestación máis da creatividade artística, na cal o libro é unha obra de arte por si mesmo.

Nas nosas obras analizamos os obxectos cotiáns, entre eles situamos tamén o libro e a revista, e alterámolos para que sufran un proceso de resignificación. Publicar como un modo de facer público o privado, unha exposición de obxectos seriados ou únicos que reflexionan sobre a arte da edición en si mesma, chegando a perverter e transmutar o seu significado.

Entre os nosos proxectos destacan Editante, o primeiro arquivo de edición de arte en Galicia. Individualmente expuxemos El Gabinite de Ada Von Withmore no Espacio Joven de Valladolid e Manolo Moda Íntima na Sala Lai de Gijón, ambas as dúas en 2012.

Colectivamente participamos na exposición Contexto, no CMAE  Avilesino e formamos parte da revista ensamblada SINEDIE, coordinada por Jaime Rodríguez creando un colector ex profeso para esta.
 
Electrodomésticas
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada