Arquivo
García Lema, Natalia Desirée
1989, nace en Ferrol, vive e traballa en Ferrol
Artista visual que crea proxectos fotográficos onde reiteran os conceptos de fragmentación, multiplicidade e cotianeidade. Graduouse na Facultade de Belas Artes de Pontevedra no ano 2011. O seu Traballo Fin de Grao Pellizcos de rincones olvidados recibe a mención de Matrícula de Honra. Posteriormente resulta seleccionada por este mesmo proxecto para participar na publicación The Print Factory II. El espacio del libro, que realiza o Grupo de Investigación dx5 digital & graphic art_research da Universidade de Vigo. A devandita publicación reúne traballos de alumnos en torno ao libro de artista.

Tras finalizar os estudos de Grado a súa formación académica continúa coa realización do Máster en Arte Contemporánea: Investigación e Creación. Durante este curso tamén goza dun período de Prácticas Profesionais no Museo de Arte Contemporánea da Coruña durante o mes de febreiro de 2012. Encárgase da montaxe e desmontaxe de exposicións, selección e colocación de obras, elaboración de textos, etc. En 2014 inicia o Programa de Doutorado na Universidade de Vigo: Creación e Investigación en Arte Contemporánea no que se encontra actualmente.

Paralelamente aos estudos universitarios asiste a cursos de formación en arte gráfica, fotografía, comisariado e xestión de exposicións, seminarios acerca da imaxe contemporánea e tamén realiza exposicións de forma colectiva e individual.

 
Natalia Desirée García Lema
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada