Arquivo
Cabeza de Corte Aéreo
Colectivo formado en 2012, traballa en Pontevedra
Cabeza de Corte Aéreo somos un colectivo formado por Adrián García Suárez, Cynthia Alfonso Barreiro, Aaron Fernández Martínez, Alejando Gaudino Martínez, Sandro González Noël, Ricardo González Iglesias, Sandra Revuelto Sánchez, Mateo Alvarellos Rodríguez Navas, Andrés Rodríguez Paredes, Eduardo Sánchez Abalo e Alberto González Rial.

Somos un grupo de antigos alumnos da facultade de Belas Artes de Pontevedra, todos da mesma xeración, que dende o ano 2012 levamos a cabo unha serie de obras autoeditadas, co nome de Ratuito. Publicamos trimestralmente un número de fanzine e ademais outras publicacións xunto cunha gran variedade de ilustracións, posters, etc.

Véndonos atacados pola inseguridade do noso futuro laboral e os Xigantes de xeo, decidimos crear un comando terrorista de acción especial ilustrada. Actuando sempre dende as sombras, CdCA ataca os puntos máis vulnerables dos seus inimigos e desmantela os seus plans, facéndoos retroceder e planificar futuras estratexias que máis tarde serán destruídas. As guerras van e veñen, pero os debuxantes son eternos. Estamos en conflito. A parte dedicámonos á autoedición.
Cabeza de Corte Aéreo
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada