Arquivo
Sobrino, Clara
1989, nace en Luxemburgo, vive e traballa en Oleiros
A súa actividade artística céntrase no vídeo, a animación e o debuxo. Actualmente empeza unha formación doutoral entre a facultade de Belas Artes de Pontevedra, a escola de arte erg (École de recherche graphique, école supérieure deas arts) e a ULB (Université Libre de Bruxelles), ambas as dúas en Bruxelas. O tema da tese é a relación entre o transo fílmico e o transo musical en películas que mostran rituais musicais. Peros os seus temas de investigación creativa esténdense á reflexión sobre o medio dixital como desdobramento da realidade, a arte con vontade de transcendencia e de creación de espazos de protección, etc.

Formada co grao en Belas Artes de Pontevedra (2008-2011) e o Máster Récits et expérimentation. Narration spéculative, à l'erg (École de recherche graphique, école supérieure deas arts), Bruxelles (2012-2014). Realiza diversas actividades de paralelas á súa formación como prácticas na galería Lightmachine de Gante ou o cine Nova de Bruselas. Traballa dende 2012 no centro de arte, especializada no vídeo, Argos de Bruxelas.

Participou nalgunhas exposicións e festivais como o ciclo Cineuropa, Santiago de Compostela ou o festival Madatac de Madrid. Tamén recibiu diversos premios e bolsas de formación e de creación, como o premio Xuventude Crea (2012) ou a bolsa da Deputación Da coruña (2014-2015) para desenvolver un proxecto artístico no estranxeiro.
Clara Sobrino
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada