Arquivo
Pazos, Sara
1985, nace en Pontevedra, vive e traballa en Oporto, Portugal
Licenciada en Belas Artes pola Universitat de Barcelona. Estudou Deseño Gráfico en Lisboa e Interpretación en Barcelona. Obtivo a Bolsa Talens de pintura en 2006. A súa obra é seleccionada na mostra Sense Títol e exposta en Novos Valores 2008, Pontevedra. Participa en múltiples exposicións individuais e colectivas de ilustración, pintura e fotografía. É a deseñadora residente das compañías teatrais Voadora dende 2007 e OTTO 2011, colabora con outras empresas en deseño gráfico, escenografía, vestiario e fotografía de escena. Fundadora de Sábados de Galería en 2012.

Actualmente vive e traballa como freelance en Porto, Portugal.

Entre as súas publicacións están: Libro O Día fora do tempo, 2011, editado por Galería Gabinete, o blog Rua de Baixo (mensual) e Flanzine (trimestral). Tamén realizou varias autoedicións como Mis cosas (2009), Diario Animal (2012) e Duele (2013).

Nas súas publicacións encontrarás humor agridoce, lágrima doado, fracaso e derrubamento. Todo cuberto de moita miseria.

 
Sara Pazos
Ver todas as obras
Todos os dereitos reservados. 2014. www.editante.org
Arquivo
Lista de Artistas
Lista de Obras
Directorio
Qué é Editante
Equipo
Convocatoria
Nota legal
album ilustrado
edición de obxectos
fanzine
fotolibro
libro de artista
libro obxecto
revista ensamblada